Feeds:
Artigos
Comentarios

Posts Tagged ‘Valença do Minho’

A semana pasada fun ao instituto de Teis para participar xunto co alumnado nun obradoiro que estamos desenvolvendo desde a concellería de normalización nos centros de ensino secundario da nosa cidade, titúlase “O galego a nosa vantaxe, o portugués a nosa vantaxe”, supoño que con ese título non precisa moita descrición. Apetecíame ir porque quería ver a reacción dos rapaces e as rapazas fronte a esta proposta de ver o galego como unha vantaxe para se comunicar con toda a lusofonía, tiña curiosidade por ver se o pensaran algunha vez ou non. Teño que dicir que o obradoiro pareceume interesantísimo, moi ameno e moi ben levado por Noemí, a rapazada estaba moi atenta e creo que entenderon perfectamente a mensaxe. Porén, ademais de quedar moi claro que nunca pensaran que era máis doado ligar con Giselle Bündchen sabendo galego que non sabendo, pareceume detectar unha certa resistencia a recoñecer este feito como unha realidade ou como un feito relevante para as súas vidas. Nin sequera lles parecía demasiado significativo que puidesen comprender perfectamente e mesmo facer sen maiores dificultades un exercicio de encher ocos cunha canción brasileira, algo absolutamente imposible cunha inglesa se nunca estudaches inglés, por exemplo. Pero vaia, todo se andará. Grazas á AGAL por facernos esta proposta que está tendo moi boa acollida nos centros por parte do profesorado e, sobre todo por parte do alumnado.

P.D.: Hai esperanza, cando lles amosaron o chiste que reproduzo aquí ningún deles sabía onde estaba o Padornelo pero todos situaron perfectamente Valença do Minho 😉

Read Full Post »